mércores, 12 de novembro de 2014

VISITA Á OFICINA DE CORREOS DE PONTEVEDRA.

Os nenos e nenas de catro anos estamos traballando a unidade didáctica O CARTEIRO e para finalizala realizamos unha visita á Oficina de Correos de Pontevedra da avenida de Lugo.

Entre todos fixemos un buzón de correos e nel metemos as cartas que lles enviamos aos ós comapañeiros:




Unha vez dentro das dependencias visitamos os sitios onde se clasifica a correspondencia e posteriormente se deposita nos casilleros asignados a cada poboación.






Pasámolo moi ben subindo á báscula na que se pesan os envios todos os nenos e tamén vendo como moven os envios grandes coa maquinaria.



Como resulta que unha carteira está a punto de iniciar o reparto saimos a ver como eran as furgonetas e as motos que usan e a ver onde levan a correspondencia para repartir:










Unha vez que as cartas foron introducidas no buzón, chegaron á oficina, e mataselláronse para logo ser clasificadas e recollidas polos carteiros que as levan ós nosos buzóns. Agora tocounos matasellar algunha carta. Cada un/unha matasellou a súa:

















Antes de marchar regalaronnos unha revista a cada un:



E para finalizar realizamos unhas fotos de grupo ó sair:



0 comentarios:

Publicar un comentario