A aula de 6º de Educación Primaria do CEIP de Tenorio irrumpe no mundo do cine cunha curta atrevida e tenebrosa titulada A MALDICIÓN DOS HIPNOTIZADOS. Aínda no berce duas nenas reciben unha visita inesperada: Unha bruxa botalles un feitizo que provocará consecuencias nun futuro próximo. Tremede veciños/as de Cotobade: A maldición xa está aquí.
Dámoslle as grazas aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria que realizaron o guión e foron os principais protagonistas da película.
Si queredes vela non tendes mais que premer na seguinte imaxe:
0 comentarios:
Publicar un comentario