De conformidade coa
normativa da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,
infórmase que se inicia o prazo para admisión de
alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/21.
O prazo
abrangue do 1 ao 17 de febreiro ambos inclusive.
A normativa e o
impreso esta na páxina https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a
continuación:
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala
asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar a seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reservas --> Crear”.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en
Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala
asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
A normativa reguladora do proceso é a seguinte:
Decreto 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26/12/2012)
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario