VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO.
O derradeiro curso o alumnado de Educación Infantil do noso centro realizou unha viaxe de fin de curso ata o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Se quereder ter máis información sobre el premede sobre a seguinte imaxe:
Nada máis chegar dividímonos en dous gruos para poder realizar a visita con comodidade. Un grupo quedou merendando e o outro iniciou xa a visita.
Primeiro visitamos os petroglifos, unhas insculturas realizadas en pedra.
Despois visitamos a reconstrucción dun castro para ver como eran as condicións de vida dos nosos ancestros, que alimentos obtiñan da natureza como os conservaban ou trataban, como domesticaban e coidaban os seus animais, como eran as suas casas...
Logo baixamos ata o labirinto onde o pasamos en grande dando voltas intentando chegar á saída.
A continuación visitamos a exposición na que se explican os pormenores da vida cotía da xente na sociedade castrexa.
E finalmente os talleres. Neles convertímonos en artistas e traballamos cos mismos materiais que traballaban eles mezclando os pigmentos de orixe natural e realizando murais que logo levamos ó colexio.
0 comentarios:
Publicar un comentario