xoves, 1 de xuño de 2017



POLO CORREO DO VENTO

Polo Correo do Vento, Enrique Mauricio e Carlos TaboadaTal e como eles mesmos se definen POLO CORREO DO vento e un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Si queredes saber máis sobre eles presionade sobre a  imaxe e accederedes á súa páxina web.
Ao longo do curso Enrique Mauricio e Carlos Taboada visitáronos en dúas ocasións, con dúas temáticas distintas: Petra e Mulleres Galegas (adicado a Maruxa Mallo e Ánxeles Albariño).


PETRA

Petra e a persoaxe lexida pola mancocumunidade turística Terras de Pontevedra para potenciar un roteiro polos lugares máis emblemáticos do patrimonio de dita comunidade (Concellos de Pontevedra,Poio, Marín, Ponte Caldelas, Cotobade, Campo Lameiro e Vilaboa).Para obter másis información presionade aquí

Para saber máis sobre "Petra", a nosa protagonista presionade sobre a seguinte miniatura:



Unha vez argallada a historia e feito o mural chega o momento de que os nenos e nenas debuxen a Petra seguindo as indicacións dos ilustradores. Para ver a memoria fotográfica da sesión presionade sobre a seguinte imaxe:







MULLERES GALEGAS

Nesta ocasión falaron da pintora surrealista Maruja Mallo, a quen se lle dedicou o pasado 1 de abril o Día das Artes Galegas 2017.
Para coñecer millor a súa vida e obra podedes utilizar os seguintes enlaces:

WIKIPEDIA: Maruja Mallo

OBRAS de Maruja Mallo

DOCUMENTAL: Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco

a outra protagonista é Angeles Alvariño, oceanógrafa, zoologa e profesora, descubridora de 22 especies de organismos mariños e elexida no 2.015 pola Real Academia Galega de Ciencias, para celebrar o 1 de xuño o Día da Ciencia en Galicia.
Para coñecer mais:

Wikipedia: Angeles Albariño
.
Biobibliografía


Para ver todas as fotos da actividade preme aqui ou na imaxe inferior



Durante varios días Enrique e Carlos completaron polas tardes dous grandes murais no noso comedor





0 comentarios:

Publicar un comentario