Informámoslles que o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2017/2018 será do 20 ao 30 de XUÑO.
A normativa reguladora do proceso é a seguinte:
-Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…
-Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…
As familias interesadas deberán presentar o modelo de solicitude (ANEXO III - 1) (fai clic para obter impreso)(atópase dentro da orde) completamente cuberto (pódese solicitar no centro), así como tamén deberá achegarse:
- Copia do libro de familia (no caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia da cartilla de vacinación (recoméndase)
- Impreso de autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a. Autorización imaxe (fai clic para obter o impreso)
- Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné.
- Cuestionario sobre a lingua materna, para as familias que se matricule en 4º de Ed. Infantil. Lingua materna (fai clic para obter o impreso)
- Impreso "Modelo de autodeclaración e especificacións" para quen solicite o uso do comedor.
comedor 1 (fai clic para obter o impreso)
0 comentarios:
Publicar un comentario