O noso centro integrouse no Proxecto Ríos e toca realizar unha segunda inspección para verificar a saude do río Lérez que pasa preto do colexio. Os nenos e nenas de primaria e o alumnado de 6º de Educación Infantil volvemos a visitar os puntos de control que verificamos o ano pasado. Esperamos que a saúde do rio siga sendo boa. Para verificalo recollemos mostras recollidas no seu cauce e analizamos a súa flora e fauna. A presencia ou ausencia de certos animais constitue un indicador biolóxico moi fiable. Si por exemplo atopamos ras e un indicio de que a auga ten boa saude.
Aparte da recollida e análisis de mostras do río, tamen recollimos follas e prantas para realizar diversos traballos de aula. Estudiamos as mostras recollidas e identificamos prantas e animais nas táboas clasificatorias que levávamos, medímolos enpregando diversas referencias, realizamos debuxos das prantas e moito mais.
Pulsa no gif animado seguinte para acceder ó album web con tódalas fotos da saída.
Polo camiño tomamos mostras da flora da zona e tamén fotografías.
Foi unha actividade de gran grupo na que participaron tódolos alumnos de primaria e tamen os de sexto de Educación Infantil.
A recollida de mostras realizouna Marco o profe de Educación Física que é o que coordina as actividades do Proxecto Ríos. Estas foron algunhas das mostras recollidas:
Consultadas nas tablas as mostras obtidas os nosos pequenos investigadores chegaron á conclusión de que o río Lerez ó seu paso por Tenorio goza de boa saude e a calidade da sua auga é excelente.
O río Lerez dende o seu nacemento no monte de San Bieito (Serra do Candán) na parroquia de Acibeiro no municipio de Forcarei e desemboca no Océano Atlántico formando a ría de Pontevedra, á altura de Poio. Ó longo dos séus 62 quilómetros nútrese das augas dos ríos Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza e Almofrei, así coma de pequenos regatos. Atravesa as poboacións de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra.
Se premes sobre a seguinte imaxe accederás a unha páxina con fotografías do seu cauce.
Foto do antigo Balneario de Pontevedra. |
0 comentarios:
Publicar un comentario