mércores, 25 de febreiro de 2015

FESTIVAL DE NADAL 2014.

De novo despedímonos ata o seguinte ano cun festival de Nadal no que todos participamos. Agradecemos aos pai, nais, abos e aboas a súa asistencia ao acto. O comedor do colexio quédasenos máis pequeno cada ano e os vosos aplausos e ánimos fan que os nenos e nenas participen con máis ganas e que o traballo realizado mereza a pena.
Todas as fotos deste festival subíronse á rede. Pulsa aquí ou na foto do noso Belén si queres velas.



Estas son as presentadoras desta edición:


Como sempre os máis pequenos foron os primeiros en participar. O alumnado de tres anos recitáronnos dous pequenos poemas.





Logo Educación Infantil de catro anos interpretaron e bailaron a canción "la brujita Tapita". Son tantos que encheron o escenario. Estaban fantásticos cos seus disfraces.





Co seu "twist de la Navidad"  o alumnado de 5 anos aportou un toque marchoso ao festival.



Primeiro de primaria cantou e bailou o seu Peitea o cabelo ao camelo.




O teatro estivo representado polo alumnado de segundo de primaria coa adaptación que fixeron do conto de Kalandraka Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis.





O idioma inglés fíxonos vibrar cos acordes de "Yingle bell rock" bailado polo alumnado de sexto de primaria.





Terceiro e cuarto de primaria uníronse para crear unha obra de teatro que comenta con tono satírico as novas do ano que acaba. Tende coidado co que facedes se non queredes salir no CHIVATO DE TENORIO.




 E agora tocoulle o turno a unha panxoliña de Nadal cantada por quinto e sexto de primaria titulada "El panderito"






Os alumnos de baile de actividades extraescolares bailaron a canción "All I want for Christmas is you"







0 comentarios:

Publicar un comentario