luns, 17 de marzo de 2014

CARNAVAL TENORIO 2014

Este ano a temática do carnaval centrouse nos rios. Os nenos/as do colexio disfrazámonos de animais de rio e pescadores. Como queira que o tempo non acompañou tivemos que prescindir da idea inicial de facer un desfile ata o instituto e facelo no pavillón, en vez de ó aire libre. Como é natural a acústica non foi precisamente a millor do mundo, pero ós  pais e nais que acudiron para ver ós seus fillos/as non lles importou demasiado e disfrutaron igualmente.

Si premedes sobre a  seguínte foto accederedes ás fotos do profe Juan




Si premedes sobre a seguínte foto accederedes ó blog da profe Montse e veredes as as súas fotos:



Tamén unha compañeira fixo unha presentación sobre o carnaval impresionante. Premede sobre a foto seguinte:


0 comentarios:

Publicar un comentario