sábado, 1 de febreiro de 2020

Fai clic aqui


De conformidade coa normativa da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, infórmase que se inicia o prazo para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/21.
O prazo abrangue do 1 ao 20 de marzo ambos inclusive. (Como o día 20 é non lectivo no noso colexio, o prazo mantense ata o 23, pero soamente para presentación de solicitude no centro educativo e non na páxina web, que si remata o 20)




A normativa e o impreso esta na páxina https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/


Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar a seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reservas --> Crear”.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a
    admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.


A normativa reguladora do proceso é a seguinte:

Decreto 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26/12/2012)

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


·         Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.


0 comentarios:

Publicar un comentario