A RATIÑA PRESUMIDA.
As nenas e nenos de 4º de Primaria agasallaron ós nenos e nenas de Infantil cunha sesión de títeres baseada nunha versión adaptada por eles do conto tradicional A ratiña presumida.
Despois de adaptar os diálogos, preparar os títeres e facer varios ensaios chegou, por fín o momento de facer a representación con público. Dentro do teatrillo todo o mundo repasa o seu guión.
Preme sobre a ratiña para ver todas as fotos
Preme sobre a ratiña para ver todas as fotos
Por fín chegaron todos os nenos e nenas de infantil e pode empezar a representación.
A profe Puri e a nosa protagonista, a ratiña Cintia presentan a obra:
E Lara e yoel, os narradores e Victor, Sergio, Cintia e Nerea os personaxes representan a obra.
Ao finalizar os nenos/as de Infantil contestaron ás preguntas que lle fixeron os de Primaria e demostraron que estiveran moi atentos durante a representación.
Os nenos e nenas de Infantil quérenlle dar as grazas ós nenos e nenas de 4º polo bo momento que pasaron escoitando o conto e esperan xa con impaciencia o seguinte.
0 comentarios:
Publicar un comentario