VOUTE COMED
O profesorado do CEIP de Tenorio aportou á semana das letras galegas unha sesión de contacontos coa obra voute comed, unha adaptación do conto de Jean Marc Derouen !Voy a comedte! . O noso protagonista e un lobo moi famento, non moi listo e con problemas de dicción.
Os demáis protagonistas son dous coelliños e un oso moi grande.
ARGUMENTO
Un lobo malo, famento e que fala dunha forma rarísima espera no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que se topa cun par de coelliños listos que lle quitarán un pelo que ten na lingua e, sobre todo… as ganas de comer carne!
O primeiro coello descobre que o lobo fala raro porque ten un pelo na lingua. Promételle extraerllo e, con esa artimaña, escapa. Outro coello engánao “ensinándolle” a cazar ben. O lobo finalmente equivócase, ataca a un oso e na súa fuxida dáse un trastazo e perde os dentes. E faise vexetariano!
Preme aquí ou sobre a imaxe para ver as fotos da obra,
Aquí tendes a versión que do conto fai Beatriz Montero.
0 comentarios:
Publicar un comentario