O alumnado de 5º de Primaria asistiu á xornada inaugural do proxecto de Cinema en Curso que tivo lugar no CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe).
Mentres, o alumnado de 4º e 6º de Primaria aproveitou a viaxe para visitar o Museo Arqueolóxico e o centro da cidade.
A través de planos orientáronse e localizaron os principais atractivos turísticos e culturais.
A continuación todos subiron no ascensor panorámico que leva ao monte de San Pedro e unha vez alí fixeron o xantar.
Preme sobre a imaxe para acceder ao álbum completo |
0 comentarios:
Publicar un comentario