martes, 23 de febreiro de 2016

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil e educación primaria.
Preme aquí  ou na imaxe para ver a normativa.
Normativa matrícula 2016-17

Informámoslles que o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2016/2017 será do 1 ao 29 de marzo.
Os postos escolares vacantes son os seguintes:
4º de Educación Infantil.-            Vacantes: 22 + 3 NEAE
5º de Educación Infantil.-            Vacantes: 19
6º de Educación Infantil.-            Vacantes: 8
1º de Educación Primaria.-          Vacantes: 3 NEAE
2º de Educación Primaria.-          Vacantes: 9
3º de Educación Primaria.-          Vacantes: 11
4º de Educación Primaria.-          Vacantes: 9
5º de Educación Primaria.-          Vacantes: 10
6º de Educación Primaria.-          Vacantes: 9

A normativa reguladora do proceso é a seguinte:
-Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…
-Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…

As familias interesadas deberán presentar o modelo de solicitude (ANEXO II e ANEXO A) completamente cuberto (pódese solicitar no centro), así como tamén deberá achegarse unha copia do DNI do alumno ou copia do libro de familia.


0 comentarios:

Publicar un comentario