venres, 24 de abril de 2015

APADRIÑA UN LIBRO

Como en anos precedentes con motivo da Semana do Libro celebramos no colexio a xornada de apadriñamento dun libro. Consiste en que os nenos/as dos cursos superiores de primaria se fagan cargo dos de Infantil e os primeiros cursos. Cada neno/a maior encárgase de ler un libro ó cativo/a que apadriña. Si os nenos/as pequenos xa saben ler tamén lle leen ó maior eles un conto.


Nalgúns cursos cando acabaron de ler o libro os nenos pequenos realizaron debuxos do libro elexido axudados polos seus padriños.






0 comentarios:

Publicar un comentario