Páginas

Pages

luns, 31 de agosto de 2020

Seguimos


Enviamos unha nova seleción de actividades para o noso alumnado.

Desexando que pronto volvamos a estar xuntos. Moito ánimo para todos/as

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Nos seguintes enlaces teñen toda a información precisa referente á Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, para o curso escolar 2020/21:

Comedor Escolar e Matricula de Novo Alumnado


Na páxina web do colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiptenorio/ , dentro do apartado de Secretaría, teñen toda a información referente a Comedor Escolar, asi como á Matricula de Novo Alumnado

Falares 28

https://view.genial.ly/5ecf65be4cb8330da0634bd9/dossier-periodico

O Falares 28 ten un significado moi especial para o centro. Tentamos transmitir a través del moitos momentos vividos ao longo do presente curso, que resultou tan estraño para toda a Comunidade Educativa.
Pedimos que o desfruten en familia, observando a cantidade de aportacións do alumnado que, con toda a ilusión e esforzo do mundo, desenvolveron un traballo sensacional.
Parabéns para todos e todas. Así que a facer clic en todo o periódico, e a interactuar con todos os contidos.
Grazas

Un mundo increíble

https://view.genial.ly/5ec2d59a2106c10d1683176b/presentation-un-mundo-increible
Outro bloque de actividades para o noso alumnado. Moito ánimo para a nosa comunidade educativa

Para a nosa memoria

https://view.genial.ly/5ed93dc461d0cc0dae4646ee/presentation-7a-entrega

Todo o vivido estes meses quedará na nosa memoria. Esta é a derradeira entrega de material para o alumnado, que durante todo este tempo, demostrou un gran valor de esforzo pola súa participación tan importante. Parabéns a todo o alumnado do noso centro así como ás familias, que tanto aportaron para que eses resultados foran tan meritorios.

Un conto de aprendizaxe

Novo bloque de actividades para o noso alumnado, a realizar na vindeira quincena. Moito ánimo.

sábado, 1 de agosto de 2020

Periodo de solicitude de admisión e matrícula


Seguindo as indicacións da consellería de educación, os prazos de solicitude de admisión e matrícula do alumnado de infantil e primaria, son os seguintes:


Do 11 ó 18 de maio: Presentación das solicitudes de admisión do alumnado do 2º ciclo de EI e primaria. Aqueles que non o fixeran antes da implantación do estado de alarma.
9 de xuño: Publicación do listado provisional do alumnado admitido
26 de xuño: Publicación da listaxe definitiva.
Do 1 ó 10 de xullo: formalización de matrícula.
O modelo de solicitude, poden descargalo na páxina web do centro, no apartado de secretaría.
Tamén poden facelo online, se teñen o certificado dixital.


A partires do luns un membro do equipo directivo estará no centro de 9.15 a 14.15, para recoller as solicitudes.
Prégase gardar as medidas de seguridade recomendadas: mascarillas, luvas e distancia de seguridade. Teremos a súa disposición xel hidroalcólico

Novas actividades

Estimadas familias, poñemos a disposición do alumnado un novo grupo de actividades para desenvolver ao longo desta quincena.

Dende o centro esperamos que a nosa comunidade educativa non esté a sufrir problemas de saúde relacionados co Coronavirus, e desexamos poder volver a reunirnos co noso alumnado o máis axiña posible.

Un saúdo e moito ánimo.