Páginas

Pages

xoves, 26 de marzo de 2020

EDUCLAN/APRENDEMOS EN CASA

EUCLAN
APRENDEMOS EN CASA

Acceso directo a estas dúas ferramentas educativas da RTVE

Preme sobre a imaxe para acceder á ferramenta.

martes, 24 de marzo de 2020

Un pequeno empurrón

         O noso centro educativo, dentro das súas posibilidades, está a desenvolver unha pequena tarefa de axuda, aportando todo o material que está a nosa disposición no centro, e que pode ser de moita utilidade noutros lugares.

       Deste xeito, doáronse todas as luvas, lixivia, e hidroxel que tiñamos nas nosas dependencias, e que estamos convencidos que serán máis necesarios noutras institucións.
     Ao mesmo tempo, tamén entregouse ao comedor de San Francisco en Pontevedra, todos aqueles alimentos que estaban no comedor, con risco de estagrar (productos lácteos e alimentos vexetais).

      Esperamos aportar un pequeno gran de area a esta situación tan complicada pola que estamos a pasar.

       Moito ánimo a todos/as os membros da nosa comunidade educativa.


domingo, 22 de marzo de 2020

Cariño para o noso alumnado

Feito con moito cariño por eles/as e para eles/as.





domingo, 15 de marzo de 2020

AVISO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Informamos que amplíase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

A Dirección

xoves, 12 de marzo de 2020

Blogue da Biblioteca

Xa temos Blogue da nosa Biblioteca. Pouco a pouco iremos introducindo cousiñas interesantes.
Démoslle a benvida.
https://abibliodeleolea.blogspot.com/
Fai clic na imaxe, e irás a https://abibliodeleolea.blogspot.com/