Páginas

Pages

luns, 19 de novembro de 2018

Eleccións Consello Escolar

CIRCULAR INFORMATIVA
CALENDARIO
CONVOCATORIA
CORRECCIÓN DE ERROS.-

Infórmase que houbo un erro na circular informativa de como votar o día das eleccións para elexir representantes de Consello Escolar, onde pon que se marcarán dous candidatos/as debe poñer que se marcará un dos nomes da lista de candidatos.
Sairán elexidos os dous candidatos que obteñan maior número de votos.
Un saúdo.



domingo, 30 de setembro de 2018

FONDO LIBROS. LISTA DEFINTIVA



Esta é a lista definitiva na adxudicación do fondo libros. Fai clic na imaxe.


nota informativa

Infórmase que hai cambios nos libros do curso 2018-19, con relación a primeira publicación.

xoves, 12 de xullo de 2018

Fondo Libros

Esta é a listaxe provisional co alumnado que recibirá libros do mencionado fondo.

Na listaxe definitiva, que sairá o 20 de xullo, xa aparecerá o alumnado co nome dos libros otorgados.
 Fondo libros

sábado, 16 de xuño de 2018

XARDIN

Despois de moitos meses de traballo, o alumnado de 4º e 5º de educación primaria remataron o seu xardín. coa plantación de leitugas, tomates, herbas aromáticas, etc.











ROBÓTICA

O alumnado de 3 anos e o de 5º de Ed. Primaria fixeron unha gran exposición dos seus traballos de robótica






















xoves, 22 de febreiro de 2018

DIARIO DE LUZ

FOTOGRAFÍA EN CURSO.
DIARIO DE LUZ.

Neste curso 2017-18 o noso centro participa por vez primeira no plan Proxecta no apartado de Fotografía en curso. Os obxectivos do curso son: transmitir a fotografía como arte, cultura e creación; propiciar o descubrimento do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea, e xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas compartidas.
Unha das actividades que fixeron foi a elaboración dun Diario de Luz. A intención orixinal era fotografiar a superlua, pero unha inmensa nube trastocou os nosos plans. Tomáronse fotografias cun intervalo de 30 segundos entre foto e foto, rexistrando o movemento das nubes e como este modificaba a luz


venres, 16 de febreiro de 2018

INTI 2018

INTI 2018

A organización INTI, que traballa con nenas do Perú ofrecéndolle un albergue para que poidan asistir ás clases, dado que viven moi lonxe da escola, dou varias charlas ó alumnado de Infantil e Primaria do CEIP de Tenorio.

Preme na imaxe para ver as fotos.

Preme sobre a imaxe para ver as fotos
Video dunha parte da charla ó alumnado de Infantil e 1º de Primaria.

ENTROIDO 2018

ENTROIDO 2.018

Fotos grupais
Fotos dos profes

Preme sobre a imaxe para ver as fotos