Os nenos e nenas de 2º A representaron na biblioteca o cotacontos "Indo para o Samaín" para festexar a día do Magosto e do Samaín.
Unha cabaza, unhas castañas, unha folla e unha mazaroca queren chegar a tempo á Festa do Samaín, para elo corren unha serie de aventuras e darán algunha que outra lección a un neno rabudo e pequecho.
Realizáronse duas interpretacións, unha para o alumnado de Infantil e 1º de Primaria e outra para o alumnado de 2º a 6º.
SESIÓN DE TÍTERES DE 4º DE PRIMARIA. OS TRES PORQUIÑOS.
De novo As nenas e nenos de 4º de Primaria agasallaron ós nenos e nenas de Infantil cunha sesión de títeres baseada nunha versión adaptada por eles dunconto tradiciona, neste caso versionaron A ratiña presumida.
Neste caso prescindiron do teatrillo para poder moverse con máis libertade.
Premede sobre a ilustración da dereita ou aquí para ver todas as fotos.
O alumnado de 4º representou a obra baixo a atenta mirada do público miudo:
E coma sempre ó finalizar os nenos de infantil contestaron ás preguntas que lle fixeron os de 4º e logo realizaron as súas propias preguntas e aclararon as súas dúbidas.
O pasado 20 de outubro o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria realizamos unha saída á Biblioteca de Tenorio para ver unha sesión de Contacontos.
Para ver todas as fotos preme na foto da dereita ouaquí
O día resultou chuvioso e tivemos que sacar os paraugas para realizar o percorrido.
Afortunadamente a chuvia durou pouco tempo e chegamos sin dificultade ó noso destino.
A Bibliotecaria presentounos ó contacontos e empezou a representación:
Disfrutamos moito cos contos, a música e os personaxes:
O tempo pasou rápidamente e cando nos demos conta :
Ainda nos quedaba unha sorpresa, un agasallo, o libro de Pepe Carreiro titulado "Os Bolechas van de viaxe o canon de pau.
As nenas e nenos de 4º de Primaria agasallaron ós nenos e nenas de Infantil cunha sesión de títeres baseada nunha versión adaptada por eles do conto tradicional A ratiña presumida.
Despois de adaptar os diálogos, preparar os títeres e facer varios ensaios chegou, por fín o momento de facer a representación con público. Dentro do teatrillo todo o mundo repasa o seu guión.
Preme sobre a ratiña para ver todas as fotos
Por fín chegaron todos os nenos e nenas de infantil e pode empezar a representación.
A profe Puri e a nosa protagonista, a ratiña Cintia presentan a obra:
E Lara e yoel, os narradores e Victor, Sergio, Cintia e Nerea os personaxes representan a obra.
Ao finalizar os nenos/as de Infantil contestaron ás preguntas que lle fixeron os de Primaria e demostraron que estiveran moi atentos durante a representación.
Os nenos e nenas de Infantil quérenlle dar as grazas ós nenos e nenas de 4º polo bo momento que pasaron escoitando o conto e esperan xa con impaciencia o seguinte.
CINEMA EN CURSO RECIBE O PREMIO CIDADE DE OURENSE.
O proxecto educativo e formativo "Cinema en curso" foi distinguido co premio Cidade de Ourense da 22 edición do OUFF.
Cinema en curso e un proxecto educativo encamiñado a achegar o mundo do cinema á comunidade escolar. Proxecto catalán en principio, extendeuse a outras comunidades e paises, incluida Galicia.
Para mais información preme sobre os seguintes enlaces.
Servicio de tranporte: O centro conta cun servicio de transporte que leva a cabo a empresa Autocares Viuda de Cándido S. L. As paradas son as seguintes:
TENORIO.
Casa do Pobo (BIBLIOTECA) 08:55 h.
Cobas. 08:58 h.
Cachadiñas. 09:00 h.
PARADA.
Parada 08:40 h.
CALVELO.
Calvelo. 08:55 h.
Gasolinera. 09:00 h.
SACOS.
O Cádavo. 08:10 h.
Dorna. 08:25 h
Viladeabaixo (Santa María de Sacos) 08:28 h.
Viladarriba (Santa María de Sacos) 08:35 h.
Amoedo (San Xurxo de Sacos) 08:40 h.
Cutián 08:43 h.
Cutián 08:45 h.
Alonga. 08:50 h.
VIASCÓN.
Cabanelas 08:47 h.
Viascón o Quintán 08:54 h.
Mallo. 09:00 h. CUSPEDRIÑOS Cuspedriños 08:25 h. Sanxurxo Iglesia 08:30 h. Atalaia 08:40 h.
Informámolles que o centro dispón, no banco de libros, de exemplares para todo o alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria.
Os libros entregaranse en setembro.
NOVOS CINEMAS FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE PONTEVEDRA
NOVOS CINEMAS é un certame cinematográfico internacional cunha Sección Oficial competitiva na que poderán participar todas aquelas longametraxes que supoñan a primera ou segunda obra do realizador ou realizadora a concurso.
A Edición 02 de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra celebrase do 27 de xuño ao 2 de xullo de 2017. Para coñecer o programa preme aquí
Dentro da sección +novos proxectaranse 3 das películas de Cinema en Curso galegas e outras dous do resto do Estado (Cataluña e Madrid).Tamen se proxecta a película de animación "A vida da Cabaciña" Primeiramente presentouse un makin off de tódalas películas feitas da presente edición de Cinema en curso, logo proxectáronse as tres películas galegas, seguidas dunha charla e un turno de preguntas, e finalmente presentaronse as outras duas curtas. Premede sobre a imaxe para ver as fotos do acto.
A continuación podedes ver as películas que se expuxeron:
No auditorio do Centro Cultural de Cerdedo realizoue o pasado mércores 21 de xuño tuvo lugar a presentación da curta Terra dos arxinas.
Terra dos arxinas e un documental sobre os canteiros de Cotobade realizado polo alumnado de 5º de Primaria dentro do programa CINEMA EN CURSO organizado pola CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), baixo a supervisión do noso cineasta Marcos Florez .
O allumnado de5º de primaria foi o encargado de explicar os motivos da elección do tema, os detalles e anecdotas da súa realización e presentar ás persoas que coa sua colaboración desinteresada fixeron posible a súa realización.
Moitas grazas a Manolo Padín, Antonio Rosales, Julio García e Belarmino Graña
Marcos Florez, o noso cineasta foi un dos grandes protagonistas desta estrea. Moitas grazas! Si tí a película non sería a mesma.
Tamén os nenos/as e o colexio agradeceron á tutora de 5º o seu esforzo e dedicación.
A continuación os asistentes ó acto degustaron uns pinchos cortesía do colexio.
Preme sobre a seguinte imaxe ou aquí para ver todas as fotos do acto.
Tamen proxectamos o video de como se fixo a pelicula.