Páginas

Pages

venres, 17 de novembro de 2017

INDO PARA O SAMAÍN

CONTACONTOS DE 2º A
INDO PARA O SAMAÍN


Os nenos e nenas de 2º A representaron na biblioteca  o cotacontos "Indo para o Samaín" para festexar a día do Magosto e do Samaín.

Unha cabaza, unhas castañas, unha folla e unha mazaroca queren chegar a tempo á Festa do Samaín, para elo corren unha serie de aventuras e darán algunha que outra lección a un neno rabudo e pequecho.

 Realizáronse duas interpretacións, unha para o alumnado de Infantil e 1º de Primaria e outra para o alumnado de 2º a 6º.

Preme sobre a imaxe para ver as fotos

venres, 10 de novembro de 2017

SESIÓN DE TÍTERES DE 4º DE PRIMARIA.

 OS TRES PORQUIÑOS.

De novo As nenas e nenos de 4º de Primaria agasallaron ós nenos e nenas de Infantil cunha sesión de títeres baseada nunha versión adaptada por eles dunconto tradiciona, neste caso versionaron A ratiña presumida.
Neste caso prescindiron do teatrillo para poder moverse con máis libertade.

Premede sobre a ilustración da dereita ou aquí para ver todas as fotos.


O alumnado de 4º representou a obra baixo a atenta mirada do público miudo:


E coma sempre ó finalizar os nenos de infantil contestaron ás preguntas que lle fixeron os de 4º e logo realizaron as súas propias preguntas e aclararon as súas dúbidas.

DÍA DA BIBLIOTECA

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE TENORIO.


O pasado 20 de outubro o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria realizamos unha saída á Biblioteca de Tenorio para  ver unha sesión de Contacontos.
Para ver todas as fotos preme na foto da dereita ou aquí







O día resultou chuvioso e tivemos que sacar os paraugas para realizar o percorrido.



Afortunadamente a chuvia durou pouco tempo e chegamos sin dificultade ó noso destino.
A Bibliotecaria presentounos ó contacontos e empezou a representación:


Disfrutamos moito cos contos, a música e os personaxes:


 O tempo pasou rápidamente e cando nos demos conta :


Ainda nos quedaba unha sorpresa, un agasallo, o libro de Pepe Carreiro titulado "Os Bolechas van de viaxe o canon de pau.