Páginas

Pages

martes, 17 de outubro de 2017

A RATIÑA PRESUMIDA

SESIÓN DE TÍTERES DE 4º DE PRIMARIA.
A RATIÑA PRESUMIDA.


As nenas e nenos de 4º de Primaria agasallaron ós nenos e nenas de Infantil cunha sesión de títeres baseada nunha versión adaptada por eles do conto tradicional A ratiña presumida.
Despois de adaptar os diálogos, preparar os títeres e facer varios ensaios chegou, por fín o momento de facer a representación con público. Dentro do teatrillo todo o mundo repasa o seu guión.

Preme sobre a ratiña para ver todas as fotos


Por fín chegaron todos os nenos e nenas de infantil e pode empezar a representación.


A profe Puri e a nosa protagonista, a ratiña Cintia presentan a obra:


E Lara e yoel, os narradores e Victor, Sergio, Cintia e Nerea os personaxes representan a obra.


Ao finalizar os nenos/as de Infantil contestaron ás preguntas que lle fixeron os de Primaria e demostraron que estiveran moi atentos durante a representación.






Os nenos e nenas de Infantil quérenlle dar as grazas ós nenos e nenas de 4º polo bo momento que pasaron escoitando o conto e esperan xa con impaciencia o seguinte.

martes, 10 de outubro de 2017

CINEMA EN CURSO PREMIADO NO OUFF

CINEMA EN CURSO RECIBE O PREMIO CIDADE DE OURENSE.



O proxecto educativo e formativo "Cinema en curso" foi distinguido co premio Cidade de Ourense da 22 edición do OUFF.
Cinema en curso e un proxecto educativo encamiñado a achegar o mundo do cinema á comunidade escolar. Proxecto catalán en principio, extendeuse a outras comunidades e paises, incluida Galicia.
Para mais información preme sobre os seguintes enlaces.

CINEMA EN CURSO

CINEMA EN CURSO RECIBIRA O PREMIO CIDADE DE OURENSE DO 22º OUFF