Páginas

Pages

xoves, 29 de xuño de 2017

NOVOS CINEMAS

NOVOS CINEMAS
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE PONTEVEDRA



NOVOS CINEMAS é un certame cinematográfico internacional cunha Sección Oficial competitiva na que poderán participar todas aquelas longametraxes que supoñan a primera ou segunda obra do realizador ou realizadora a concurso.
Edición 02 de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra celebrase do 27 de xuño ao 2 de xullo de 2017. Para coñecer o programa preme aquí
Dentro da sección +novos proxectaranse 3 das películas de Cinema en Curso galegas e outras dous do resto do Estado (Cataluña e Madrid).Tamen se proxecta a película de animación "A vida da Cabaciña"

Primeiramente presentouse un makin off de tódalas películas feitas da presente edición de Cinema en curso, logo proxectáronse as tres películas galegas, seguidas dunha charla e un turno de preguntas, e finalmente presentaronse as outras duas curtas.
Premede sobre a imaxe para ver as fotos do acto.




A continuación podedes ver as películas que se expuxeron:


Terra dos arxinas, CEIP de Tenorio (Cotobade), Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.

martes, 27 de xuño de 2017

ESTREA DO DOCUMENTAL TERRA DOS ARXINAS

ESTREA DO DOCUMENTAL TERRA DOS ARXINAS

Ó final da entrada tendes o video e o Makin off
No auditorio do Centro Cultural de Cerdedo realizoue o pasado mércores 21 de xuño tuvo lugar a presentación da curta Terra dos arxinas.

Terra dos arxinas e un documental sobre os canteiros de Cotobade realizado polo alumnado de 5º de Primaria dentro do programa CINEMA EN CURSO organizado pola CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), baixo a supervisión do noso cineasta Marcos Florez .
O allumnado de5º de primaria foi o encargado de explicar os motivos da elección do tema, os detalles e anecdotas da súa realización e presentar ás persoas que coa sua colaboración desinteresada fixeron posible a súa realización.








 Moitas grazas a Manolo Padín, Antonio Rosales, Julio García e Belarmino Graña






Marcos Florez, o noso cineasta foi un dos grandes protagonistas desta estrea. Moitas grazas! Si tí a película non sería a mesma.


Tamén os nenos/as e o colexio agradeceron á tutora de 5º o seu esforzo e dedicación.


A continuación os asistentes ó acto degustaron uns pinchos cortesía do colexio.



Preme sobre a seguinte imaxe ou aquí para ver todas as fotos do acto.


Tamen proxectamos o video de como se fixo a pelicula. 


E aquí tendes a película:


PROXECCIÓN NA CIDADE DA CULTURA

ESTREAMOS A NOSA CURTA EN SANTIAGO

O pasado venres 16 de xuño  foi a presenación das 5 curtas de Cinema en Curso. Foi na Cidade da Cultura en Santiago.

Preme sobre os títulos dos documentais para ver o diario dos obradoiros:

TERRA DOS ARXINAS do CEIP de Tenorio.
DE MILLADOIRO A SEIDÓN do IES de Milladoiro (Ames)
ENTRE REDES do CEIP A Rúa (Cangas)
CO DEVALAR do IES de Poio
AS RAICES DO SALGUEIRO do CEIPP do Camiño Inglés


Primeiramente realizábase a proxección e a continuación os nenos/as que o realizaron explicaban as pornenores da rodaxe e as dificultades atopadas na realización.
Despois abríase un turno de debate e outro centro realizaba preguntas sobre o filme.

Preme sobre a seguinte imaxe ou aquí para ver todas as fotos realzadas.


Estos son os makin off:


Making of fotográfico. Talleres Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.


Making of filmat. Tallers de ficció i documental Cinema en curs 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.


Un año de cine, Cine en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.



Estas son as películas visionadas:


Terra dos arxinas, CEIP de Tenorio (Cotobade), Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.


As raíces do salguerio, CEIPP do Camiño Inglés (Oroso) from Cinema en curs on Vimeo.


Co devalar IES de Poio (Poio) from Cinema en curs on Vimeo.


De Milladoiro a Seidón IES do Milladoiro (Milladoiro), Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.


Entre redes, CEIP A Rúa (Cangas), Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.

martes, 13 de xuño de 2017

XORNADAS SOBRE A CONVIVENCIA

XORNADAS SOBRE A CONVIVENCIA.



Recentemente nos CEIP de Carballedo e Tenorio realuzouse un traballo sobre a convivencia escolar.
Despois das charlas o alumnado traballou na elaboración de lemas relacionados co tema.
Posteriormente eñaborouse con eles o vídeo sobre convivencia que reproducimos a continuación.

xoves, 8 de xuño de 2017

martes, 6 de xuño de 2017

MATRICULA CURSO 2017/18


Preme aquí para ver a normativa.



Informámoslles que o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2017/2018 será do 20 ao 30 de XUÑO.

A normativa reguladora do proceso é a seguinte:

-Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…

-Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…

As familias interesadas deberán presentar o modelo de solicitude (ANEXO III - 1) (fai clic para obter impreso)(atópase dentro da orde) completamente cuberto (pódese solicitar no centro), así como tamén deberá achegarse:

Copia do libro de familia (no caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- Fotocopia da cartilla de vacinación (recoméndase)

- Impreso de autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a. Autorización imaxe (fai clic para obter o impreso)

- Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné.

- Cuestionario sobre a lingua materna, para as familias que se matricule en 4º de Ed. Infantil. Lingua materna (fai clic para obter o impreso)


- Impreso "Modelo de autodeclaración e especificacións" para quen solicite o uso do comedor.
comedor 1 (fai clic para obter o impreso)

comedor 2 (fai clic para obter o impreso)


xoves, 1 de xuño de 2017

POLO CORREO DO VENTO



POLO CORREO DO VENTO

Polo Correo do Vento, Enrique Mauricio e Carlos TaboadaTal e como eles mesmos se definen POLO CORREO DO vento e un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Si queredes saber máis sobre eles presionade sobre a  imaxe e accederedes á súa páxina web.
Ao longo do curso Enrique Mauricio e Carlos Taboada visitáronos en dúas ocasións, con dúas temáticas distintas: Petra e Mulleres Galegas (adicado a Maruxa Mallo e Ánxeles Albariño).


PETRA

Petra e a persoaxe lexida pola mancocumunidade turística Terras de Pontevedra para potenciar un roteiro polos lugares máis emblemáticos do patrimonio de dita comunidade (Concellos de Pontevedra,Poio, Marín, Ponte Caldelas, Cotobade, Campo Lameiro e Vilaboa).Para obter másis información presionade aquí

Para saber máis sobre "Petra", a nosa protagonista presionade sobre a seguinte miniatura:



Unha vez argallada a historia e feito o mural chega o momento de que os nenos e nenas debuxen a Petra seguindo as indicacións dos ilustradores. Para ver a memoria fotográfica da sesión presionade sobre a seguinte imaxe:







MULLERES GALEGAS

Nesta ocasión falaron da pintora surrealista Maruja Mallo, a quen se lle dedicou o pasado 1 de abril o Día das Artes Galegas 2017.
Para coñecer millor a súa vida e obra podedes utilizar os seguintes enlaces:

WIKIPEDIA: Maruja Mallo

OBRAS de Maruja Mallo

DOCUMENTAL: Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco

a outra protagonista é Angeles Alvariño, oceanógrafa, zoologa e profesora, descubridora de 22 especies de organismos mariños e elexida no 2.015 pola Real Academia Galega de Ciencias, para celebrar o 1 de xuño o Día da Ciencia en Galicia.
Para coñecer mais:

Wikipedia: Angeles Albariño
.
Biobibliografía


Para ver todas as fotos da actividade preme aqui ou na imaxe inferior



Durante varios días Enrique e Carlos completaron polas tardes dous grandes murais no noso comedor