Páginas

Pages

martes, 15 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

SAMAÍN 2016



Preme na pantasma para ver as fotos

Preme na imaxe para ver o video.





VISITA Á CORUÑA

VISITA Á CORUÑA

O alumnado de 5º de Primaria asistiu á xornada inaugural do proxecto de Cinema en Curso que tivo lugar no CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe).


Mentres, o alumnado de  4º e 6º  de Primaria aproveitou a viaxe para  visitar o Museo Arqueolóxico e o centro da cidade.
A través de planos orientáronse e localizaron os principais atractivos turísticos e culturais.

A continuación todos subiron no ascensor panorámico que leva ao monte de San Pedro e unha vez alí fixeron o xantar.

Preme sobre a imaxe para acceder ao álbum completo



mércores, 5 de outubro de 2016

MENÚ OUTUBRO

MENÚ DE OUTUBRO




Preme sobre a imaxe para ampliala.

martes, 4 de outubro de 2016

xoves, 22 de setembro de 2016

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS.

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS.

Modelo oficial de xustificación de faltas.Pódese descargar e imprimir.

mércores, 21 de setembro de 2016

DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS POR NIVEIS

DATAS DAS REUNIÓN  XERAIS.



Informamos que as datas e horas das reunións xerais dos pais/nais/titores legais coa titora son as seguintes:

- 1º e 2º nivel de Ed. Primaria, o martes 4 de outubro ás 16 h.
- 3º e 4º nivel de Ed. Primaria, o martes 18 de outubro ás 16 h.
- 5º e 6º nivel de Ed. Primaria, o martes 11 de outubro ás 16 h.

mércores, 14 de setembro de 2016

ALMORZOS SAUDABLES

MENÚ DAS MERENDAS. 

Este é o menú para as merendas proposto para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Si pulsades sobre a imaxe verédela a tamaño completo.

martes, 13 de setembro de 2016

NOF

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA.
Procedeuse á revisión das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia. Este é o novo documento en vigor para o vixente curso escolar 2016-17



Preme sobre a imaxe ou aquí para acceder ao documento.

martes, 12 de xullo de 2016

Libros de Texto Curso 2016-17


LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
-OS DINOSAURIOS  NIVEL 1. ED. SANTILLANA  ISBN: 978-84-680-3697-7
-A VOLTA O MUNDO  NIVEL 1.  ED. SANTILLANA ISBN:  978-84-680-3765-3

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)
-OS DINOSAURIOS  NIVEL 2. ED. SANTILLANA  ISBN: 978-84-680-3688-5
-A VOLTA O MUNDO  NIVEL 2.  ED. SANTILLANA ISBN:  978-84-680-3782-0

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)
-OS DINOSAURIOS  NIVEL 3. ED. SANTILLANA  ISBN: 978-84-680-3712-7
-EL ASTRONAUTA NIVEL 3. ED. SANTILLANA    ISBN:  978-84-680-0229-3
-A VOLTA O MUNDO  NIVEL 3.  ED. SANTILLANA ISBN:  978-84-680-3789-9

AVISO:
 Pregase que ninguén merque os libros de texto ata que se coñeza como será a distribución dos cursos no mes de setembro.

1º NIVEL ED. PRIMARIA:
-Aprender es crecer juntos 1 - 1º trimestre / Editorial Anaya     ISBN: 978-84-678-4724-6
-Aprender es crecer juntos 1- 2º trimestre / Editorial Anaya      ISBN: 978-84-678-4725-3
-Aprender es crecer juntos 1- 3º trimestre /  Editorial Anaya     ISBN: 978-84-678-4726-0
-Música: Melodía 1 (galego) / Editorial Galinova                            ISBN: 978-84-9737-222-0

-Inglés: Pupil’s book pack Tiger Tales 1 /Editorial Macmillan   ISBN: 978-0-230-47545-8

LECTURA:
-A Arca dos Contos / Editorial Vicens Vives                              ISBN: 978-84-682-0494-9
-12 colores / Editorial SM                                                           ISBN: 978-84-675-7144-8

2º NIVEL ED. PRIMARIA:
-Aprender es crecer juntos 2 - 1º trimestre/ Editorial Anaya      ISBN: 978-84-678-7713-7
-Aprender es crecer juntos 2 - 2º trimestre/ Editorial Anaya      ISBN: 978-84-678-7714-4
-Aprender es crecer juntos 2 - 3º trimestre/ Editorial Anaya      ISBN: 978-84-678-7715-1
-Música: Melodía 2 (galego) / Editorial Galinova                            ISBN: 978-84-9737-238-1

-Inglés: Pupil’s book pack Tiger Tales 2 /Editorial Macmillan          ISBN: 978-0-230-47546-5
                                                                                             
LECTURA:
-A Arca dos Contos 2  / Editorial Vicens Vives                          ISBN: 978-84-682-0495-6

3º NIVEL ED. PRIMARIA:
-Inglés: ACTIVITY BOOK “TIGER TEAM 3”. ED. MACMILLAN. ISBN: 978-0-230-47547-2

Non é necesario mercar o resto dos libros. Empregaranse dos que dispón o fondo de libros do colexio.

4º NIVEL ED. PRIMARIA:
-LENGUA: Saber hacer. Editorial Santillana.                          ISBN: 978-84-680-2956-6                                                                                                                                                                            
-LINGUA:  Saber facer. Editorial Obradoiro-Santillana.     ISBN:  978-84-9972-616-8                                                        
 -MATEMATICAS: Saber hacer. Editorial Santillana.                 ISBN: 978-84-8305-609-7             
-CC. NATURAIS: Saber hacer. Editorial Santillana.                   ISBN 978-84-9972-600-7             
-CC. SOCIAIS:  Saber hacer. Editorial Santillana.                       ISBN: 978-84-9972-714-1            
-RELIXION: Serie Manantial. Editorial Santillana.                     ISBN:978-84-680-2067-9             
                                                                 

-INGLÉS:
COURSE BOOK “GREAT EXPLORERS 4”. Ed. OXFORD.    ISBN: 978-0-19-450768-4
ACTIVITY BOOK “GREAT EXPLORERS 4”. Ed. OXFORD. ISBN: 978-0-19-450760-8
-MÚSICA:
MELODÍA 4 (GALEGO). EDITORIAL GALINOVA.                ISBN: 978-84-9737-239-8

5º NIVEL ED. PRIMARIA:
-Inglés: ACTIVITY  BOOK “GREAT EXPLORERS 5”. Ed. OXFORD. ISBN: 978-0-19-450778-3

Non é necesario mercar o resto dos libros. Empregaranse dos que dispón o fondo de libros do colexio.

6º NIVEL ED. PRIMARIA:
-LENGUA: Saber hacer. Editorial Santillana.                             ISBN:978-84-680-3171-2                                                       
-LINGUA: Saber facer. Editorial Obradoiro Santillana.              ISBN:  978-84-9972-497-3   
-MATEMATICAS: Saber Hacer. Editorial Santillana.              ISBN:  978-84-680-3033-3                                    
-CC. NATURAIS: Saber facer. Editorial Obradoiro Santillana.   ISBN: 978-84-9972-587-1 
-CC. SOCIAIS: Saber facer. Editorial Santillana.                         ISBN: 978-84-9972-440-9      
-RELIXION: Serie Manantial. Editorial Santillana.                  ISBN: 978-84-680-2493-6                                                    
-INGLÉS:
COURSE BOOK “ GREAT EXPLORERS 6”. Ed. OXFORD. ISBN: 978-0-19-482050-9
ACTIVITY BOOK “GREAT EXPLORERS 6”. Ed. OXFORD. ISBN: 978-0-19-450798-1

-MÚSICA:

 MELODÍA 6 (GALEGO). Ed. GALINOVA.                             ISBN: 978-84-9737-240-4

venres, 10 de xuño de 2016

DOCUMENTACIÓN PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

DOCUMENTACIÓN PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

  • O alumnado de educación infantil e primaria admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.


Impreso de formalización de matrícula.
Fotocopia da tarjeta sanitaria.
Fotocopia da cartilla de vacinación (recoméndase).
Impreso de autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
Dúas totografías do alumno/a tamaño carné.
Cuestionario sobre a lingua materna.
impresos para quen solicite o uso do comedor.

xoves, 2 de xuño de 2016

DEAR ZOO



O luns 25 de abril os alumnos de 1º de Primaria contáronlles un conto en inglés aos compañeiros de Educación Infantil e 2º de Primaria. O conto está basado no libro Dear Zoo de Rod Campbell.  O alumnado aprendeu vocabulario relacionado con animais do zoo (camel, lion, tiger, leopard, snake, crocodile, kangaroo, giraffe, elephant…) e con mascotas (parrot, dog).
Na aula os nenos decoraron e pintaron as caixas onde estaban gardados os animais.  Outra actividade foi debuxar o seu animal favorito.


Para ver o album web presiona aquí ou na foto

ANIMAL BOOGUIE

ANIMAL BOOGUIE

O mércores 27 de abril a clase de 4º contou e cantou o conto  The animal boggie da editorial Barefoot Books ao alumnado de 1º,2º e 3º de E. Primaria.  Ademais de aprender novo vocabulario,  os alumnos pasaron un rato divertido cantando e bailando. A música tan pegadiza fixo que se todos se animaran a bailar o boggie-boggie . Posteriormente, os alumnos/as de 1º e 2º realizaron debuxos dos animais protagonistas do conto.

Presiona aquí ou na foto para acceder ao albun web




ILLA DAS ESCULTURAS

ILLA DAS ESCULTURAS.

No segundo trimestre en Educación Infantil traballamos o tema da escultura e como remate o dia 20 de abril fixemos unha saída ata a Illa das Esculturas en Pontevedra.
Para acceder ás fotos pulsa na fotografía seguinte ou aquí.


Para saber mais sobre as Illa das esculturas presiona sobre a seguinte imaxe ou aquí



Presiona sobre o mapa si queres facer un itinerario para chegar, ter unha perspectiva aérea ou facer un paseo virtual con google streetwiev.






mércores, 1 de xuño de 2016

MAMÁ CABRA 15 PRIMAVERAS

MAMÁ CABRA 15 PRIMAVERAS.

O alumnado de Educación Infantil do CEIP de Tenorio asistiu ó concerto de Mamacabra 15 primaveras que tivo lugar no auditorio da sede social de Afundación.
Disfrutamos moito do espectáculo e cantamos case todas as cancións que previamente traballáramos na aula de música coa profe Montse e cos respectivos titores.
Si queredes ver a totalidade das fotos premede sobre a seguinte imaxe ou aquí



martes, 24 de maio de 2016

CANCIÓN "A RODA"

A RODA.

Esta canción con letra de Manuel María e música de Suso Vaamonde serviu de colofón ás actividades da Semana das Letras Galegas no CEIP DE Tenorio. Grandes e pequenos disfrutamos moito cantando e bailando esta canción. Si non nos creedes podedes comprobalo premendo aquí ou na imaxe.


BODEGÓN OCULTO. LÍO EN LA GRANJA.

BODEGÓN OCULTO.

O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolleu ata o 23 de xaneiro a exposicíón O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporanea galega.
A mostra, composta por obras das coleccións de Afundación e Abanca, permite revisar a tradición pictórica do arte galego dende o xénero da natureza morta.
Ainda que nos seus inicios foi considerad o un xénero menor, a natureza morta converteuse nun dos xeneros elementales na evolución da pintura galega.
Na actualidade a exposición está en Ourense. Premede aquí si queredes saber mais.


Para ver o álbum web coas fotos da exposicón premede na seguinte imaxe.



LIO EN LA GRANJA.

Preme sobre a imaxe para acceder á páxina web da compañía de teatro e saber máis da obra:






mércores, 24 de febreiro de 2016

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

VISITAMOS O CASTELO DE SOUTOMAIOR.
Os nenos/as de Educación Infantil visitamos o pasado día 11de Decembro o Castelo de Soutomaior,un castelo que data do século XII, pero que alcanzou o seu máximo esplendor no seculo XV con Pedro Madruga.

Para poder ver as fotos do álbum preme aquí ou na imaxe do castelo.

Imaxes do álbun


CROSS 2015-16

CROSS 2015-16

Como tódolos anos celebrouse a proba de cross no Circuito da Magdalena en Soutelo de Montes o día 20 de Novembro. Este ano o tempo acompañou e non foron precisos aplazamentos.  Preme sobre a seguinte imaxe para acceder as fotos ou preme aquí.





martes, 23 de febreiro de 2016

MATRICULA 2016-17

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil e educación primaria.
Preme aquí  ou na imaxe para ver a normativa.
Normativa matrícula 2016-17

Informámoslles que o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2016/2017 será do 1 ao 29 de marzo.
Os postos escolares vacantes son os seguintes:
4º de Educación Infantil.-            Vacantes: 22 + 3 NEAE
5º de Educación Infantil.-            Vacantes: 19
6º de Educación Infantil.-            Vacantes: 8
1º de Educación Primaria.-          Vacantes: 3 NEAE
2º de Educación Primaria.-          Vacantes: 9
3º de Educación Primaria.-          Vacantes: 11
4º de Educación Primaria.-          Vacantes: 9
5º de Educación Primaria.-          Vacantes: 10
6º de Educación Primaria.-          Vacantes: 9

A normativa reguladora do proceso é a seguinte:
-Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…
-Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos…

As familias interesadas deberán presentar o modelo de solicitude (ANEXO II e ANEXO A) completamente cuberto (pódese solicitar no centro), así como tamén deberá achegarse unha copia do DNI do alumno ou copia do libro de familia.


venres, 15 de xaneiro de 2016

O MONSTRUO DE CORES

O MONSTRUO DE CORES.


Pulsa sobre a imaxe para ver o álbum


O pasado 20 de Novembro celebrouse na biblioteca do centro unha sesión de contacontos organizada pola bibliotecaria do Concello e nai dun alumno do cole.


 A obra  escollida titulábase "Un mundo de cores", un conto que fala das emocións: cada  emoción ten unha cor e fómolas encerrando en tarros para que non se xuntasen e se poidesen empregar cada unha no seu momento.


 Rematamos sacando dunha bolsa máxica emocións e imitámola coma si fórmamos monstruos de cores.




xoves, 14 de xaneiro de 2016