Páginas

Pages

venres, 27 de novembro de 2015

SAMAÍN 2.015

SAMAÍN 2.015

Preme na foto superior para ver o álbum web completo

Como tódolos anos celebrouse no colexio a Festa do Outono, na que mesturamos o Magosto e o Samaín. Este ano o tempo no nos acompañou e tivemos que facer as actividades a cuberto. Os nenos/as  de Primaria xogaron no Pavillón Municipal.




Os nenos de Infantil non se mollaron. Xogamos na primeira planta a unha variedade de xogos que nos tiveron ocupados durante todo o tempo.






Despois comemos as castañas e visitamos a exposición cos nosos pais e nais.








martes, 8 de setembro de 2015

HORARIOS DE RUTAS ESCOLARES

HORARIOS DE RUTAS ESCOLARES.





VIASCÓN:

08:50 h.          Cabanelas.
08:54 h.           Quintán.
09:00 h.           Mallo.







SAN XURXO:

08:10 h.          O Cadabo.
08:25 h.          Dorna
08:28 h.          Viladabaixo.
08:35 h.          Viladarriba.
08:40 h.          Amoedo.
08:43 h.          Cutián.
08:45 h.          Cutián.
08:50 h.          Alonga.



CUSPEDRIÑOS:

08:25 h.         Cuspedriños.
08:30 h.         San Xurxo A Igrexa (Fontán)
08:40 h          Atalaia.

DOBLAXE
08:55 h.        Calvelo.
09:00 h.        Gasolinera.






TENORIO:

08:40 h.        Parada

DOBLAXE

08:55 h.        Casa do Pobo.
08:58 h.        Covas.
09:00 h.        Cachadiñas. 

AS MERENDAS

AS MERENDAS




O menú das merendas para Educación Infantil será o seguinte:

AS MERENDAS
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
GALLETAS
+
ZUME
BOCADILLO
(fiambre, paté, queixo… non serve de nocilla)

LÁCTEOS
(queixiños, iogures, bebibles… non serven flans ou natillas de chocolate

FROITA
(se pode ser, pelada)

FROITOS SECOS OU CEREAIS
+
ZUME


En primeiro e segundo de Primaria recoméndase tamén seguilo.

mércores, 1 de xullo de 2015

Libros de infantil.

Os libros de Educación Infantil están exposto no taboeiro de anuncios do colexio (na porta de entrada).

xoves, 25 de xuño de 2015

LIBROS DE 3º e 5º

O RESTO DO MATERIAL SERÁ ENTREGADO AO PRINCIPIO DE CURSO

NOVAS IMPORTANTES




En breve teremos publicado as listas de libros do curso 2015/16.

Recordamos que o alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria saberán en setembro como se vai a organizar o traballo con eles, mediante libros, caderniños e demáis material que aportará o centro.

Para facer a reserva do comedor hai que entregar o impreso correspondente, máis o certificado de empadronamento, Aínda que a declaración da renda non se teña, o anexo de solicitude de comedor hai que entregalo, o máis axiña posible.
O mesmo pasa coa axuda de libros para 1,º, 2º, 4º e 6º, traian a documentación canto antes.
Acabamos de contratar un servicio, chamado TOKAPP SCHOOL que nos permitirá enviar comunicacións vía móvil ou correo electrónico, co gallo de aforrar tempo e material. En breve xa lles iremos indicando como e cando descargar a aplicación.
Tamén, en moi curto prazo, vaise publicar na porta do colexio e mesmo no blog, a composición dos distintos grupos de Ed. Infantil.

mércores, 3 de xuño de 2015

PARTICIPAMOS NO OLLOBOI 2015

OLLOBOI 2015

Aló polo ano 2015 un grupo de profesores e profesoras reúnense na Comarca do Barbanza e forman o grupo Rodaxe para dar saída ás súas inquedanzas artísticas.A partires do 2010 celébrase anualmente o festival Olloboi e no 2010 da o salto e convírtese no Festival Audiovisual Olloboi. Dous anos máis tarde Rodaxe pasa a ser unha asociación sociocultural sen animo de lucro e troca o seu nome por Marearte e incorpora profesionais alleos ó ámbito da docencia.

Pulsando sobre o logo do festival podes acceder á páxina dos gañadores por categorías e visualizar tódalas películas presentadas ó certame.


Lembrámosvos que nos  presentábamos a curta titulada "A maldición dos hipnotizados". Se desexas vela pulsa sobre a seguinte imaxe:


E si queredes saber máis sobre a gala de entrega de premios premede sobre a foto das nosas representantes no festival e saberédelo todo...



martes, 2 de xuño de 2015

ALMORZOS SAUDABLES

ALMORZOS SAUDABLES.

Preme na imaxe para ver as fotos


Este curso o CEIP de Tenorio apuntouse á campaña ALMORZOS SAUDABLES organizada pola consellería de sanidade. A experiencia consitiu na realización dunhas charlas formativas, a elaboración e degustación dun almorzo saudabe e un recordatorioda hixiene bucodental.




Un grupo de monitoras asesorou ós nenos e nenas sobre as condicións que ten que ter un bo almorzo, a súa importancia na dieta diaria e os hábitos de limpeza e hixiene a realizar a continuación.




CONTACONTOS 2015

CONTACONTOS 2015

hercules edicións. María Carrera e Antón
A nai da nai da miña mamá

Este ano grazas a Hércules Edicións poidemos ter unha sesión de conta-contos. María Carrera e Antón foron os encargados de realizala. O conto representado titúlase A nai da nai  de miña mamá.




Asistiron todos os alumnos de infantil e primaria. A obra gustou a todos, desde os mais cativos ós mais maiores.


Un dos seus rasgos distintivos foi a interaccion co público asistente.




María Carrera e Antón propuxeron ós nenos situacións conflictivas para solicitarlle consello e axuda e non cabe duda de que os pequenos colaboraron con eles.



Así de atentos e contentos estábamos todos na representación:






venres, 24 de abril de 2015

A NENA E O GRILO

A NENA E O GRILO.

Por fin chegou o día de ir a Pontevedra a ver a obra de teatro titulada "A nena e o grilo no país das apertas" no centro social Novacaixagalicia. A espectación era moita. Recordo que Noa de tres anos lle preguntaba á súa nai ¿Mamá, cando é pasado mañán? para saber canto tempo faltaba.


Preme na imaxe para ver o álbum

Cando chegou a hora de saír resulta que aínda non chegara o autobús e tivemos que esperar un pouco á porta do colexio. Algún tiña medo de non poder ir.


Por fín chegou o autobús e chegamos a tempo a presentar a actuación. Íamos á segunda actuación, a das doce. A obra da compañía Magín Blanco conta a historia da amizade xurdida entre unha nena e un grilo a traveso de cancións con tintes de rock, pop, reggae e gossa nova.




Os nosos cativos/as estiveron moi atentos á obra: