Páginas

Pages

xoves, 25 de xuño de 2015

LIBROS DE 3º e 5º

O RESTO DO MATERIAL SERÁ ENTREGADO AO PRINCIPIO DE CURSO

NOVAS IMPORTANTES




En breve teremos publicado as listas de libros do curso 2015/16.

Recordamos que o alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria saberán en setembro como se vai a organizar o traballo con eles, mediante libros, caderniños e demáis material que aportará o centro.

Para facer a reserva do comedor hai que entregar o impreso correspondente, máis o certificado de empadronamento, Aínda que a declaración da renda non se teña, o anexo de solicitude de comedor hai que entregalo, o máis axiña posible.
O mesmo pasa coa axuda de libros para 1,º, 2º, 4º e 6º, traian a documentación canto antes.
Acabamos de contratar un servicio, chamado TOKAPP SCHOOL que nos permitirá enviar comunicacións vía móvil ou correo electrónico, co gallo de aforrar tempo e material. En breve xa lles iremos indicando como e cando descargar a aplicación.
Tamén, en moi curto prazo, vaise publicar na porta do colexio e mesmo no blog, a composición dos distintos grupos de Ed. Infantil.

mércores, 3 de xuño de 2015

PARTICIPAMOS NO OLLOBOI 2015

OLLOBOI 2015

Aló polo ano 2015 un grupo de profesores e profesoras reúnense na Comarca do Barbanza e forman o grupo Rodaxe para dar saída ás súas inquedanzas artísticas.A partires do 2010 celébrase anualmente o festival Olloboi e no 2010 da o salto e convírtese no Festival Audiovisual Olloboi. Dous anos máis tarde Rodaxe pasa a ser unha asociación sociocultural sen animo de lucro e troca o seu nome por Marearte e incorpora profesionais alleos ó ámbito da docencia.

Pulsando sobre o logo do festival podes acceder á páxina dos gañadores por categorías e visualizar tódalas películas presentadas ó certame.


Lembrámosvos que nos  presentábamos a curta titulada "A maldición dos hipnotizados". Se desexas vela pulsa sobre a seguinte imaxe:


E si queredes saber máis sobre a gala de entrega de premios premede sobre a foto das nosas representantes no festival e saberédelo todo...



martes, 2 de xuño de 2015

ALMORZOS SAUDABLES

ALMORZOS SAUDABLES.

Preme na imaxe para ver as fotos


Este curso o CEIP de Tenorio apuntouse á campaña ALMORZOS SAUDABLES organizada pola consellería de sanidade. A experiencia consitiu na realización dunhas charlas formativas, a elaboración e degustación dun almorzo saudabe e un recordatorioda hixiene bucodental.




Un grupo de monitoras asesorou ós nenos e nenas sobre as condicións que ten que ter un bo almorzo, a súa importancia na dieta diaria e os hábitos de limpeza e hixiene a realizar a continuación.




CONTACONTOS 2015

CONTACONTOS 2015

hercules edicións. María Carrera e Antón
A nai da nai da miña mamá

Este ano grazas a Hércules Edicións poidemos ter unha sesión de conta-contos. María Carrera e Antón foron os encargados de realizala. O conto representado titúlase A nai da nai  de miña mamá.




Asistiron todos os alumnos de infantil e primaria. A obra gustou a todos, desde os mais cativos ós mais maiores.


Un dos seus rasgos distintivos foi a interaccion co público asistente.




María Carrera e Antón propuxeron ós nenos situacións conflictivas para solicitarlle consello e axuda e non cabe duda de que os pequenos colaboraron con eles.



Así de atentos e contentos estábamos todos na representación: