Páginas

Pages

venres, 24 de abril de 2015

A NENA E O GRILO

A NENA E O GRILO.

Por fin chegou o día de ir a Pontevedra a ver a obra de teatro titulada "A nena e o grilo no país das apertas" no centro social Novacaixagalicia. A espectación era moita. Recordo que Noa de tres anos lle preguntaba á súa nai ¿Mamá, cando é pasado mañán? para saber canto tempo faltaba.


Preme na imaxe para ver o álbum

Cando chegou a hora de saír resulta que aínda non chegara o autobús e tivemos que esperar un pouco á porta do colexio. Algún tiña medo de non poder ir.


Por fín chegou o autobús e chegamos a tempo a presentar a actuación. Íamos á segunda actuación, a das doce. A obra da compañía Magín Blanco conta a historia da amizade xurdida entre unha nena e un grilo a traveso de cancións con tintes de rock, pop, reggae e gossa nova.




Os nosos cativos/as estiveron moi atentos á obra:








APADRIÑA UN LIBRO

APADRIÑA UN LIBRO

Como en anos precedentes con motivo da Semana do Libro celebramos no colexio a xornada de apadriñamento dun libro. Consiste en que os nenos/as dos cursos superiores de primaria se fagan cargo dos de Infantil e os primeiros cursos. Cada neno/a maior encárgase de ler un libro ó cativo/a que apadriña. Si os nenos/as pequenos xa saben ler tamén lle leen ó maior eles un conto.


Nalgúns cursos cando acabaron de ler o libro os nenos pequenos realizaron debuxos do libro elexido axudados polos seus padriños.






LOURIZÁN

GRANXA DE MONTERO RÍOS.

O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou a Granxa de Montero Ríos en Lourizán (Pontevedra).

Preme na imaxen para ver o  álbum

CANTAMOS EN INGLÉS

CANTAMOS EN INGLÉS.

O alumnado de segundo de Primaria actuou para os nenos e nenas de Educación Infantil na aula de música do centro. Dirixidos pola "teacher" interpretaron unha canción en inglés.

Preme na foto para ver o álbum

Para que os nenos e nenas de Infantil entenderan ben os sons que tiñan que interpretar os maiores levaban pequenas marionetas de animais que levantaban cando lles tocaba actuar.


 A canción era  divertida e o ritmo pegadizo, polo que a cantamos varias veces:



LIBROS FORA

LIBROS FORA

Con motivo da Semana do Libro no CEIP de Tenorio decidimos sacar os libros das aulas e da biblioteca e espallalos por tódolos recunchos. Nas aulas, pasillos, zonas de xogos e tamén fora nenos e nenas de distintos cursos compartiron o gusto pola lectura.
Se queredes ver tódalas fotos premede sobre a seguinte imaxe para acceder ó album web.

Preme na imaxe para ver o álbum

ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2015

Esta páxina está en construcción.
 De momento podedes ver as fotos do álbum web de picasa premendo sobre a imaxe seguínte: