Páginas

Pages

mércores, 25 de febreiro de 2015

FESTIVAL DE NADAL 2014

FESTIVAL DE NADAL 2014.

De novo despedímonos ata o seguinte ano cun festival de Nadal no que todos participamos. Agradecemos aos pai, nais, abos e aboas a súa asistencia ao acto. O comedor do colexio quédasenos máis pequeno cada ano e os vosos aplausos e ánimos fan que os nenos e nenas participen con máis ganas e que o traballo realizado mereza a pena.
Todas as fotos deste festival subíronse á rede. Pulsa aquí ou na foto do noso Belén si queres velas.



Estas son as presentadoras desta edición:


Como sempre os máis pequenos foron os primeiros en participar. O alumnado de tres anos recitáronnos dous pequenos poemas.





Logo Educación Infantil de catro anos interpretaron e bailaron a canción "la brujita Tapita". Son tantos que encheron o escenario. Estaban fantásticos cos seus disfraces.





Co seu "twist de la Navidad"  o alumnado de 5 anos aportou un toque marchoso ao festival.



Primeiro de primaria cantou e bailou o seu Peitea o cabelo ao camelo.




O teatro estivo representado polo alumnado de segundo de primaria coa adaptación que fixeron do conto de Kalandraka Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis.





O idioma inglés fíxonos vibrar cos acordes de "Yingle bell rock" bailado polo alumnado de sexto de primaria.





Terceiro e cuarto de primaria uníronse para crear unha obra de teatro que comenta con tono satírico as novas do ano que acaba. Tende coidado co que facedes se non queredes salir no CHIVATO DE TENORIO.




 E agora tocoulle o turno a unha panxoliña de Nadal cantada por quinto e sexto de primaria titulada "El panderito"






Os alumnos de baile de actividades extraescolares bailaron a canción "All I want for Christmas is you"







venres, 20 de febreiro de 2015

INSPECCIÓN FLUVIAL DO OUTONO

INSPECCIÓN FLUVIAL DO OUTONO.

O noso centro integrouse no Proxecto Ríos e toca realizar unha segunda inspección para verificar a saude do río Lérez que pasa preto do colexio. Os nenos e nenas de primaria e o alumnado de 6º de Educación Infantil volvemos a visitar os puntos  de control que verificamos o ano pasado. Esperamos que a saúde do rio siga sendo boa. Para verificalo recollemos mostras recollidas no seu cauce e analizamos a súa flora e fauna. A presencia ou ausencia de certos animais constitue un indicador biolóxico moi fiable. Si por exemplo atopamos ras e un indicio de que a auga ten boa saude.
Aparte da recollida e análisis de mostras do río, tamen recollimos follas e prantas para realizar diversos traballos de aula. Estudiamos as mostras recollidas e identificamos prantas e animais nas táboas clasificatorias que levávamos, medímolos enpregando diversas referencias, realizamos debuxos das prantas e moito mais.

Pulsa no gif animado seguinte para acceder ó album web con tódalas fotos da saída.


Polo camiño tomamos mostras da flora da zona e tamén fotografías.


Foi unha actividade de gran grupo na que participaron tódolos alumnos de primaria e tamen os de sexto de Educación Infantil. 







A recollida de mostras realizouna Marco o profe de Educación Física que é o que coordina as actividades do Proxecto Ríos. Estas foron algunhas das mostras recollidas:





Consultadas nas tablas as mostras obtidas  os nosos pequenos investigadores chegaron á conclusión de que o río Lerez ó seu paso por Tenorio goza de boa saude e a calidade da sua auga é excelente.

 
O río Lerez dende o seu nacemento no monte de San Bieito (Serra do Candán) na parroquia de Acibeiro no municipio de Forcarei e desemboca no Océano Atlántico formando a ría de Pontevedra, á altura de Poio. Ó longo dos séus 62 quilómetros nútrese das augas dos ríos Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza e Almofrei, así coma de pequenos regatos. Atravesa as poboacións de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra.
Se premes sobre a seguinte imaxe accederás a unha páxina con fotografías do seu cauce.

Foto do antigo Balneario de Pontevedra.