Páginas

Pages

martes, 27 de maio de 2014

XOGANDO NA CLASE

XOGAMOS NA CLASE.

Cando fai mal tempo e non podemos sair ó patio non o pasamos nada mal. Temos no primeiro andar a nosa zona de xogos de segundo ciclo e ali facemos puzles, saltamos, corremos e máis cousas.
Tamen na nosa clase contamos con diversión. Como podedes ver ademais do ordenador e da biblioteca de  aula temos un bo abano de posibilidades de diversión.




 Preme sobre a seguinte foto para ver todo o album web de picasa.


TERRARIO DO 2º CICLO

TERRARIO DO 2º CICLO.

Os nenos e nenas do segundo ciclo traballamos na aula con un terrario. Nel observamos a flora e fauna. A estrela do terrario foi unha rá que como vedes dispuña de tódalas comodidades: un pequeno estanque para nadar un pouco, alimento fresquiño tódolos días, un pequeno xardín para pasear e unha pequena pista para facer exercicio. Os seus compañeiros foron uns vermes.

Xa non nos ten medo.

 A rá facendo exercicio.

Os vermes

Preme na seguinte imaxe para ver o albun Web de Picasa


venres, 9 de maio de 2014