Páginas

Pages

martes, 18 de marzo de 2014

NOS TAMÉN CREAMOS

TENORIO EN NOS TAMÉN CREAMOS.

O CEIP de Tenorio concursou en duas ocasións no programa NOS TAMÉN CREAMOS da CRTVG.
A partires dun conto da Editorial OQO a escoller entre os preseleccionados por eles, faise unha versión do conto que pode ser tanto literal como libre, variando un pouco o argumento.
Os primeiros en participar foron os nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria e ámbolos dous presentaron o conto "A guerra dos números". Aquí tendes o enlace a ambas curtas de animación:


CURTO DE EDUCACIÓN INFANTIL
A MÁSCARA DO LEÓN


CURTO DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA
A GUERRA DOS NÚMEROS



O ano pasado os titores de 4º e 5º de infantil  conxuntamente traballamos o conto da Lúa ladroa e adaptámolo libremente. Traballamos básicamente cos debuxos dos nenos e montamos os escenarios con pezas de xogos e puzles. O resultado final foi o seguinte:

CURTO DE 5º E 6º DE INFANTIL
A LÚA LADROA

Tamén publicamos na revista da escola o proceso de realización da película:

https://drive.google.com/file/d/0B9n6OIRvRNcUMUVydFllTFdFeTg/edit?usp=sharing

CROSS 2014

CROSS 2014 EN SOUTELO DE MONTES.

Aínda que tiña que celebrarse no primeiro trimestre do curso, debido ó mal tempo,  non quedou mais remedio que realizar o cross no mes de xaneiro. Tivo lugar en Soutelo de Montes e como veredes polas fotos o tempo tampouco axudou demasiado. Vendo como estaba o día dámonos conta do esforzo que tiveron que realizar estes rapaces/as.
Déixovos as fotos:






















luns, 17 de marzo de 2014

CARNAVAL TENORIO 2014

CARNAVAL TENORIO 2014

Este ano a temática do carnaval centrouse nos rios. Os nenos/as do colexio disfrazámonos de animais de rio e pescadores. Como queira que o tempo non acompañou tivemos que prescindir da idea inicial de facer un desfile ata o instituto e facelo no pavillón, en vez de ó aire libre. Como é natural a acústica non foi precisamente a millor do mundo, pero ós  pais e nais que acudiron para ver ós seus fillos/as non lles importou demasiado e disfrutaron igualmente.

Si premedes sobre a  seguínte foto accederedes ás fotos do profe Juan




Si premedes sobre a seguínte foto accederedes ó blog da profe Montse e veredes as as súas fotos:



Tamén unha compañeira fixo unha presentación sobre o carnaval impresionante. Premede sobre a foto seguinte: